martes, 13 de abril de 2010

Por un menú degustación no xornalismo

“O xornalismo sobre o futuro témolo que escribir nos” Esta afirmación fixo que Duarte Romero, estudante de 4º curso de xornalismo, reflexionase sobre as diferenzas entre a concepción do xornalismo que teñen as novas xeración e os que agora son os seus profesores.

Nun artigo publicado no suplemento universitario do xornal Galicia Hoxe, e tamén no seu blog, Romero explica que “xa non se me ocorre mercar o xornal nada máis saír da casa. Prefiro prender o ordenador”.

Neste ano tanto el como Déborah Castro, estudante tamén de xornalismo da USC, deixaran as aulas da facultade como especialistas en xornalismo dixital. Ambos coinciden en que os produtos multimedia enriquecen o abano de posibilidades da comunicación, se ben Castro apunta cara os riscos. “Os produtos ciberxornalísticos, desgrazadamente, tamén herdaron algúns dos principais problemas da prensa tradicional, como a precariedade laboral ou o intrusismo” sinala o tempo que ofrece a solución, “só nós, os xornalistas do presente e do futuro poderemos recuperar a dignidade da profesión”.

Castro, dende a experiencia de redactora en El País, e Romero en Diario de Ferrol e O Cartafol, seguen decididos a loitar polo porvir do xornalismo nas súas múltiples expresións, se están ante, como apunta Déborah Castro parafraseando a Gabriel Garcia Máquez “o mellor oficio (ou profesión) do mundo”

miércoles, 7 de abril de 2010

Análise WIX

Esta aplicación pon a disposición do usuario plantillas para crear as súas propias páxinas web, editando contido e apariencia sobre o modelo proposto


- Hai que rexistrarse a primeira vez que entras co email e o contrasinal. Débese proporcionar tamén un nome de usuario.

- Tes a opción de cambiar os teus datos en calquera momento.

- Unha vez rexistrado, podes xa empezar a crear a túa propia páxina. Tes a opción de escoller a categoría entre diversas opcións como negocios, deseño, arte, comida, fotografía…

- Os produtos que se ofrecen son basicamente páxinas web, portafolios, cabeceiras e outros recursos.

- Hai diversas plantillas para editar. Algunhas delas son de pago e outras gratuítas. En cada unha delas aparece indicada a dificultade da creación.

- Inicialmente aparece un tutorial no que se explican os pasos para a creación da web. As posibilidades que se ofrecen son moi numerosas.

Aparecen diversas formas de guardar e publicar en diversos lugares como Twitter.

Pódes engadir fotos, galerías de imaxes, slide shows e por distintas transicións.

Nos textos tes posibilidade de escoller a tipografía que queiras, a ordenación, os parágrafos e incluso engadir notas nos textos.

A música a incluír pode ser propia, descargada ou dun link.

Ofrece a opción de escoller entre diferentes iconos.

O fondo tamén pode ser alterado e hai diferentes controladores.

Podes controlar os comentarios, permitindoos ou non.

RSS, Twitter, Google Maps, Pay-Pal (para o pago, nos casos Premium).

- Wixpedia: trátase como dunha especie de enciclopedia con todo tipo de datos sobre a páxina, máis tutoriais e diversas formas de axuda.

Dereito. Revista Xurídica da USC

Título: Dereito. Revista Xurídica da Universidade de Santiago de Compostela Vol.18
Editorial: Servizo de Publicacións da Universidade de Santiago de Compostela
Ano: 2009
Presidente do Consello de Redacción: Luís Míguez Macho, Decano da Facultade de Dereito da USC

En Dereito trátanse as diferentes áreas do dereito, dende a regulación autonómica, o Dereito Internacional, as ramas administrativa e tributaria, así como o eido penal ou o Dereito Romano.

A. Javier Ferreira Fernández abre este número 18 cun estudo sobre o desenvolvemento da fórmula consorcial no ámbito autonómico. Outro dos estudos reseñables desta edición afonda na adopción romana do dereito de hoxe. Natalia Lobato Mosquera e Cristian Oró Martínez entran no eido tributario e na orde internacional, respectivamente. A achega o dereito penal ben da man de Miguel Abel Souto. E así ata un total de 15 pezas.

Todas estas disciplinas abórdanse dende o ensaio, a crónica, o comentario e a recensión. Non se trata dunha revista divulgativa, senón que aborda os contidos dende o coñecemento profesional. As profundidade ca que se elabora cada un dos temas e dos textos. Deste xeito, e a través de numerosas notas ao pé inclúen xurisprudencia, comparacións e achega de datos extras para ampliar coñecementos e consultas sobre o asunto. Este conxunto fai que a publicación sexa un útil proxector no que debater e informar sobre os distintos aspectos do dereito e pon a disposición dos seus lectores o material suficiente para que elaboren a súa propia concepción do tema.

A súa estrutura axiliza a súa lectura e consulta. Ademais do índice, cada peza está encabezada por un resumo, na lingua orixinal do texto e en inglés. En canto aos idiomas, o castelán é o de máis peso, seguido do inglés e do italiano.Unha revista especializada, lonxe do alcance dos profanos en leis, pero enriquecedora e útil para os coñecedores da disciplina.