“O xornalismo sobre o futuro témolo que escribir nos” Esta afirmación fixo que Duarte Romero, estudante de 4º curso de xornalismo, reflexionase sobre as diferenzas entre a concepción do xornalismo que teñen as novas xeración e os que agora son os seus profesores.
Nun artigo publicado no suplemento universitario do xornal Galicia Hoxe, e tamén no seu blog, Romero explica que “xa non se me ocorre mercar o xornal nada máis saír da casa. Prefiro prender o ordenador”.
Neste ano tanto el como Déborah Castro, estudante tamén de xornalismo da USC, deixaran as aulas da facultade como especialistas en xornalismo dixital. Ambos coinciden en que os produtos multimedia enriquecen o abano de posibilidades da comunicación, se ben Castro apunta cara os riscos. “Os produtos ciberxornalísticos, desgrazadamente, tamén herdaron algúns dos principais problemas da prensa tradicional, como a precariedade laboral ou o intrusismo” sinala o tempo que ofrece a solución, “só nós, os xornalistas do presente e do futuro poderemos recuperar a dignidade da profesión”.
Castro, dende a experiencia de redactora en El País, e Romero en Diario de Ferrol e O Cartafol, seguen decididos a loitar polo porvir do xornalismo nas súas múltiples expresións, se están ante, como apunta Déborah Castro parafraseando a Gabriel Garcia Máquez “o mellor oficio (ou profesión) do mundo”
No hay comentarios:
Publicar un comentario