Nunha nova colaboración dos estudantes de xornalismo da USC co blog Xornalismo no futuro, Laura Torres, trata as dúas vertentes principais do xornalismo. Por unha banda fala do aspecto humano e de labor social. É acertada a reflexión que fai sobre a labor social do xornalismo ó dicir “podo axudar a sociedade sendo a súa voz”. Nas súas palabras ten moi presente o seu país de orixe, Venezuela.
Doutra banda, afonda nas cuestións técnicas do ciberxornalismo, como é o hipertexto. Nas súas propias palabras “reúne relatos máis profundos que longos e representa unha substitución da pirámide invertida, é dicir, hai que cambiar esa estrutura lineal ao escribir”.Precisamente nestes textos máis profundo e con maior información faise máis necesaria a función dun xornalista que seleccione e xerarquice os contidos para conseguir que sexa entendibles. Por iso o xornalismo é “máis que unha profesión”.
Verónica López apunta cara un dos maiores problemas que ten o xornalismo electrónico, a desatención ás propias peculiaridades do soporte e a copia dos medios impresos. A web non é un espazo no que se pode ler o xornal impreso on line, nin ver a televisión ou escoitar a radio. Os produtos multimedia si que introducen texto, video e audio, pero conformando un produto xenuíno.
Non se esquece na súa peza de tratar o aspecto da especialización. O xornalista ten que buscar un xeito de diferenciarse, e a especialización pode ser o camiño. Aínda que o camiño non seca sinxelo, débese conservar o espírito que Verónica plasma ó dicir que “dende logo agora non me vou render por moi incerto que sexa o futuro”.
Con todo, e despois de catro anos de carreira, son diversas as opinión sobre a utilidade dos catro anos de carreira. Julia Fontenla acerta ó sinalar que, cando menos, se gañou en espírito crítico. Cando di que “nada é o que parece até que falan todas as partes implicadas, o sinxelo é máis difícil do que aparenta e a verdade está sempre por descubrir”. Se se logrou aprender isto e aplicalo no exercicio da profesión, estarase máis preto de cumprir todos os obxectivos que se lle presupoñen ó xornalismo.