lunes, 3 de mayo de 2010

Converxencia de tradición e modernidade no xornalismo actual

Nunha nova colaboración co blog de Galicia Hoxe, outros tres estudiantes de xornalismo da Universidade de Santiago de Compostela diagnostican un cambio e unha necesaria adaptación do xornalismo ós novos soportes e ás novas necesidades do lector, pero sempre contando ca necesaria presenza dun profesional da comunicación no proceso de codificación e transmisión das informacións.

Karina Rivero Conde atrévese a comparar o xornalismo con outras profesións. Deste xeito explica que “os cesteiros deixaron de facer cestas porque a xente parou de compralas, pero ¿deixou a xente de ler o xornal?”. Con esta afirmación apunta cara o peso de internet. “Agora lese na rede, e probablemente esteamos a ler máis ca nunca”, sentencia.

Consciente de que “internet parece ser o punto determinante para o futuro dos medios de comunicación” Andrea Carcacía Hermilla non se esquece de que “é necesario modernizarse, pero tamén que os xornalistas lle den un toque humano ós feitos”.

Estes novos xornalistas séntense responsables do rumbo futuro que siga a profesión que escolleron. Jorge Lema Pombo explica a súa visión ó dicir que “onde parece que todo vale, a única saida posible é mellorar, traballar para ofrecer cada día algo mellor”. Queren dignificar o traballo de xornalista e modernizalo, pero sen esquecerse dos aspectos máis positivos da presa tradicional. Como sinala Karina Rivero, “non creo na morte da prensa, creo na súa reconversión”.

No hay comentarios:

Publicar un comentario