martes, 25 de mayo de 2010

Hora de crear un novo xornalismo

A colaboración dos estudantes do ultimo ano de xornalismo da USC co blog de Galicia Hoxe chega o seu fin ca participación de Manuel Rodríguez e Alba Pinto na que reflexionan cobre o caracter de mercadoría da información e sobre o desencanto dos mozos ca profesión.

Rodríguez centra a atención ns rutinas, esas que pode chegar a ser o gran inimigo do xornalismo. Se ben é certo que as canles de rutina e as fontes institucionais enchen as páxinas de boa parte dos medios de comunicación, a internet e o ciberxornalismo son o camiño para fuxir dos comportamentos de rutina, entendidos a práctica do xornalista que, como sinala Manuel, "abandonou toda clase de aventura e crítica para apoltronarse na comodidade da rutina e das facilidades que lle dá ser un reprodutor de consignas oficiais"

Alba Pinto, pola súa parte, pon de manifesto como se muda dende unha concepción máis utópica do xornalismo ó realismo despois de catro anos de formación. Pero ese cambio forma parte precisamente da configuración do xornalista que debe traballar, non so como intermediario da sociedade, senón como educador dun lector crítico que sexa quen de discernir entre toda a información que se lle ofrece, tanto nos medios tradicionais como na web , onde os blogs xogan un papel importante

martes, 18 de mayo de 2010

Convivencia do novo e do tradicional

“Téñolle medo”. Con esta frase comeza Gemma Vega a súa aportacion o blog Xornalismo no futuro e pon de manifesto a súa relación cas novas tecnoloxías da información. O medo, na maior parte das veces, vén dado polo descoñecemento ou a sensación de estar fronte a algo novidoso. E se ben e certo, como sinala Gemma Vega, que as novas tecnoloxías veñen advertindo dende hai tempo a súa presenza e peso, os frenéticos cambios que sofren producen esa sensación de indefensión. A solución, dende o meu punto de vista, reside en concienciarse e ver estes novos medios como unha ferramenta detrás da que sempre terá que estar un profesional, un xornalista.

Mercedes Rey na que se trata de novo a reconversión do xornalismo, non a súa desaparición. Dunha banda os novos medios gañan terreo, e iso xa supón un cambio significativo nas formas de comunicación, que vén da man da interactividade ou da actualización. Pero, tamén e certo que os coñecidos como medios tradicionais deben reformularse para manter o seu espazo no mundo da comunicación. A diferenciación, a especialización e os contidos de calidade poden ser o temón deste cambio.

A competencia saudable non é nada negativo, como sinala Borja Golán. Fai que os medios de comunicación se esforce por facer máis atractivos os contidos. Con todo, e malia as oportunidades que estamos a ver que ofrece a web, como ben di Golán de que moitas persoas sigan mercando o xornal. Paréceme acertado a idea de que "verdadeiro lastre do xornalismo é e seguirá a ser a dependencia política e económica das empresas mediáticas", non a aparición de novos medios.

Saber ver e saber contar

Os alumnos de xornalismo da USC seguen a reflexionar sobre o futuro da profesión que escolleron no blog Xornalismo no futuro do xornal Galicia Hoxe. Alba Naveira fai unha interesante comparación entre a revolución que supuxo a impreta no seu momento e a Internet hoxe en día, se ben concordo en que seguirán complementándose. Por outra banda é tamén importante o que apunta cando di que “cada vez hai máis información e é máis accesible. Pero non toda é relevante, nin certa”, pondo de manifesto a importancia do xornalista como gatekeeper. Non se esquece do seu papel narrativo, ó concluir dicindo “unha cousa é ver e outra saber contar”. Isto é o que diferencia os simples datos dunha información.

Pola súa parte, o seu compañeiro Fernando aporta unha nova cuestión, o intursismo profesional, e apunta cara unha posible solución, a que xa se fixo referencia en artigos anteriores, a especialización. Con todo, e como ben sinalou Alba Naveira, unha cousa e ver e outra contar. A segunda non se pode acadar sen a primeira, pero a primeira non implica necesariamente sabes facer o segundo. E aí é onde se atopa a continuidade do xornalista.

martes, 4 de mayo de 2010

Internet un novo medio con todas as da lei

Nunha nova colaboración dos estudantes de xornalismo da USC co blog Xornalismo no futuro, Laura Torres, trata as dúas vertentes principais do xornalismo. Por unha banda fala do aspecto humano e de labor social. É acertada a reflexión que fai sobre a labor social do xornalismo ó dicir “podo axudar a sociedade sendo a súa voz”. Nas súas palabras ten moi presente o seu país de orixe, Venezuela.

Doutra banda, afonda nas cuestións técnicas do ciberxornalismo, como é o hipertexto. Nas súas propias palabras “reúne relatos máis profundos que longos e representa unha substitución da pirámide invertida, é dicir, hai que cambiar esa estrutura lineal ao escribir”.Precisamente nestes textos máis profundo e con maior información faise máis necesaria a función dun xornalista que seleccione e xerarquice os contidos para conseguir que sexa entendibles. Por iso o xornalismo é “máis que unha profesión”.

Verónica López apunta cara un dos maiores problemas que ten o xornalismo electrónico, a desatención ás propias peculiaridades do soporte e a copia dos medios impresos. A web non é un espazo no que se pode ler o xornal impreso on line, nin ver a televisión ou escoitar a radio. Os produtos multimedia si que introducen texto, video e audio, pero conformando un produto xenuíno.

Non se esquece na súa peza de tratar o aspecto da especialización. O xornalista ten que buscar un xeito de diferenciarse, e a especialización pode ser o camiño. Aínda que o camiño non seca sinxelo, débese conservar o espírito que Verónica plasma ó dicir que “dende logo agora non me vou render por moi incerto que sexa o futuro”.

Con todo, e despois de catro anos de carreira, son diversas as opinión sobre a utilidade dos catro anos de carreira. Julia Fontenla acerta ó sinalar que, cando menos, se gañou en espírito crítico. Cando di que “nada é o que parece até que falan todas as partes implicadas, o sinxelo é máis difícil do que aparenta e a verdade está sempre por descubrir”. Se se logrou aprender isto e aplicalo no exercicio da profesión, estarase máis preto de cumprir todos os obxectivos que se lle presupoñen ó xornalismo.

lunes, 3 de mayo de 2010

Converxencia de tradición e modernidade no xornalismo actual

Nunha nova colaboración co blog de Galicia Hoxe, outros tres estudiantes de xornalismo da Universidade de Santiago de Compostela diagnostican un cambio e unha necesaria adaptación do xornalismo ós novos soportes e ás novas necesidades do lector, pero sempre contando ca necesaria presenza dun profesional da comunicación no proceso de codificación e transmisión das informacións.

Karina Rivero Conde atrévese a comparar o xornalismo con outras profesións. Deste xeito explica que “os cesteiros deixaron de facer cestas porque a xente parou de compralas, pero ¿deixou a xente de ler o xornal?”. Con esta afirmación apunta cara o peso de internet. “Agora lese na rede, e probablemente esteamos a ler máis ca nunca”, sentencia.

Consciente de que “internet parece ser o punto determinante para o futuro dos medios de comunicación” Andrea Carcacía Hermilla non se esquece de que “é necesario modernizarse, pero tamén que os xornalistas lle den un toque humano ós feitos”.

Estes novos xornalistas séntense responsables do rumbo futuro que siga a profesión que escolleron. Jorge Lema Pombo explica a súa visión ó dicir que “onde parece que todo vale, a única saida posible é mellorar, traballar para ofrecer cada día algo mellor”. Queren dignificar o traballo de xornalista e modernizalo, pero sen esquecerse dos aspectos máis positivos da presa tradicional. Como sinala Karina Rivero, “non creo na morte da prensa, creo na súa reconversión”.

martes, 13 de abril de 2010

Por un menú degustación no xornalismo

“O xornalismo sobre o futuro témolo que escribir nos” Esta afirmación fixo que Duarte Romero, estudante de 4º curso de xornalismo, reflexionase sobre as diferenzas entre a concepción do xornalismo que teñen as novas xeración e os que agora son os seus profesores.

Nun artigo publicado no suplemento universitario do xornal Galicia Hoxe, e tamén no seu blog, Romero explica que “xa non se me ocorre mercar o xornal nada máis saír da casa. Prefiro prender o ordenador”.

Neste ano tanto el como Déborah Castro, estudante tamén de xornalismo da USC, deixaran as aulas da facultade como especialistas en xornalismo dixital. Ambos coinciden en que os produtos multimedia enriquecen o abano de posibilidades da comunicación, se ben Castro apunta cara os riscos. “Os produtos ciberxornalísticos, desgrazadamente, tamén herdaron algúns dos principais problemas da prensa tradicional, como a precariedade laboral ou o intrusismo” sinala o tempo que ofrece a solución, “só nós, os xornalistas do presente e do futuro poderemos recuperar a dignidade da profesión”.

Castro, dende a experiencia de redactora en El País, e Romero en Diario de Ferrol e O Cartafol, seguen decididos a loitar polo porvir do xornalismo nas súas múltiples expresións, se están ante, como apunta Déborah Castro parafraseando a Gabriel Garcia Máquez “o mellor oficio (ou profesión) do mundo”

miércoles, 7 de abril de 2010

Análise WIX

Esta aplicación pon a disposición do usuario plantillas para crear as súas propias páxinas web, editando contido e apariencia sobre o modelo proposto


- Hai que rexistrarse a primeira vez que entras co email e o contrasinal. Débese proporcionar tamén un nome de usuario.

- Tes a opción de cambiar os teus datos en calquera momento.

- Unha vez rexistrado, podes xa empezar a crear a túa propia páxina. Tes a opción de escoller a categoría entre diversas opcións como negocios, deseño, arte, comida, fotografía…

- Os produtos que se ofrecen son basicamente páxinas web, portafolios, cabeceiras e outros recursos.

- Hai diversas plantillas para editar. Algunhas delas son de pago e outras gratuítas. En cada unha delas aparece indicada a dificultade da creación.

- Inicialmente aparece un tutorial no que se explican os pasos para a creación da web. As posibilidades que se ofrecen son moi numerosas.

Aparecen diversas formas de guardar e publicar en diversos lugares como Twitter.

Pódes engadir fotos, galerías de imaxes, slide shows e por distintas transicións.

Nos textos tes posibilidade de escoller a tipografía que queiras, a ordenación, os parágrafos e incluso engadir notas nos textos.

A música a incluír pode ser propia, descargada ou dun link.

Ofrece a opción de escoller entre diferentes iconos.

O fondo tamén pode ser alterado e hai diferentes controladores.

Podes controlar os comentarios, permitindoos ou non.

RSS, Twitter, Google Maps, Pay-Pal (para o pago, nos casos Premium).

- Wixpedia: trátase como dunha especie de enciclopedia con todo tipo de datos sobre a páxina, máis tutoriais e diversas formas de axuda.

Dereito. Revista Xurídica da USC

Título: Dereito. Revista Xurídica da Universidade de Santiago de Compostela Vol.18
Editorial: Servizo de Publicacións da Universidade de Santiago de Compostela
Ano: 2009
Presidente do Consello de Redacción: Luís Míguez Macho, Decano da Facultade de Dereito da USC

En Dereito trátanse as diferentes áreas do dereito, dende a regulación autonómica, o Dereito Internacional, as ramas administrativa e tributaria, así como o eido penal ou o Dereito Romano.

A. Javier Ferreira Fernández abre este número 18 cun estudo sobre o desenvolvemento da fórmula consorcial no ámbito autonómico. Outro dos estudos reseñables desta edición afonda na adopción romana do dereito de hoxe. Natalia Lobato Mosquera e Cristian Oró Martínez entran no eido tributario e na orde internacional, respectivamente. A achega o dereito penal ben da man de Miguel Abel Souto. E así ata un total de 15 pezas.

Todas estas disciplinas abórdanse dende o ensaio, a crónica, o comentario e a recensión. Non se trata dunha revista divulgativa, senón que aborda os contidos dende o coñecemento profesional. As profundidade ca que se elabora cada un dos temas e dos textos. Deste xeito, e a través de numerosas notas ao pé inclúen xurisprudencia, comparacións e achega de datos extras para ampliar coñecementos e consultas sobre o asunto. Este conxunto fai que a publicación sexa un útil proxector no que debater e informar sobre os distintos aspectos do dereito e pon a disposición dos seus lectores o material suficiente para que elaboren a súa propia concepción do tema.

A súa estrutura axiliza a súa lectura e consulta. Ademais do índice, cada peza está encabezada por un resumo, na lingua orixinal do texto e en inglés. En canto aos idiomas, o castelán é o de máis peso, seguido do inglés e do italiano.Unha revista especializada, lonxe do alcance dos profanos en leis, pero enriquecedora e útil para os coñecedores da disciplina.

jueves, 4 de marzo de 2010

Interactividade La Región

Comentarios e participación do lector


Dende hai uns meses a versión on-line de La Región non permite facer comentarios en ningunha das seccións do xornal. Ata este cambio, o portal do xornal ofrecía a posibilidade de comentar cando menos nas novas de ámbito local.
Malia todo, segue aparecendo o botón de “comentario”, pero se se clica nel non acontece nada.

Existe unha excepción, a sección "Participa", onde os lectores poden mandar as súas novas e imaxes. Neste apartado si que se permiten os comentarios, pero é unha parte pouca vista e empregada. Tamén conta con debate abierto, “cuéntalo”, enquisas, “recomiendalo”, chat e vídeos. Case non hai movemento en ningún deles. En xeral e unha iniciativa con pouco éxito.

Para acceder a esta sección é necesario rexistrarse. Os datos que solicitan para o rexistro son as que se atopan na maioría das páxinas: nome ou pseudónimo, dirección de correo electrónico válida e contrasinal. Tampouco se permiten votacións das novas, pero se elaboran listas das máis lidas.

Outros servizos

En cada nova aparece unha estimación do tempo de lectura, a posibilidade de ligar a peza a unha rede social (Meneame, Chuza, Twiter e Facebook), imprimila, agregala a favoritos, descargala en PDF, enviar por correo electrónico, vela cun tamaño de letra normal ou cun tamaño grande.
Tamén se confecciona un apartado denominado “palabras claves” que desempeñan a función de etiquetas, e cuxo tamaño se asocia co numero de aparicións de dita palabra.

Sinalar a posibilidade de establecer diferentes suscripcións como as RSS, OPML ou ATOM.
Por último indicar a existencia dun buscador tanto da web como da rede do que pode botar man o usuario.

Andrea Carcacía Hermilla
Alba Chao Vázquez

jueves, 25 de febrero de 2010

A Universidade de Santiago muda de reitor o cinco de maio

En pouco máis de dous meses a Universidade de Santiago de Compostela(USC) renovará boa parte dos seus cargos. Ademais de escollera a persoa que ocupará o cargo de reitor durante os próximos catro anos, elixiranse ós representantes no Claustro e nos consellos de departamento.

Esta data fíxose pública onte trala convocatoria do actual reitor, Senén Barro, e o acordo da Comisión Electoral co seu presidente, Gumersindo Vilar Casas, á cabeza. O proceso ccontinúa hoxe ca presentación do censo electoral, sobre o que se poderán facer reclamacións na vindeira semana. A partir do 20 de marzo e ata o 5 de abril estará aberto o plazo para presentar candidaturas. Pola súa parte, a campaña electoral desenvolverase entre o 20 de abril e o 3 de maio, respectando como en todo proceso electoral o día de reflexión previo as votacións.

Os requesitos para presentarse como candidato recóllense na convocatoria emitida pola Comisión Electoral. Segundo sinalan outros medios, hai xa catro candidatos a reitor confirmados: Laura Sánchez Piñón, Mercedes Brea, Lourenzo Fernández Prieto e Jaime Gómez Márquez. Todos eles son Catedráticos desta universidade, condición indispensable para optar ó cargo.

Voto ponderado

Nas eleccións a reitor os votos terán distinto peso dependendo de quen o emita. A ponderación destes votos recóllese no artigo 48 do Regulamento Electoral Xeral. Mentres o profesorado funcionario doctor representa o 51% o estudantado representa só o 24%. Todos poden exercer o esu dereito de voto anticiparo

Se na primeira volta ningunha lista consegue a maioría absoluta, concorrerase a unha segunda na que se enfrontaran as dúas con máis apoios. O 7 de maio farase público o resultado provisional e o 18 a USC terá novo reitor ou reitora oficial.